-->

viernes, 21 de junio de 2019

ROTEIRO COSTA DE DEXO

O alumnado de 2º de Primaria participou nun roterio pola costa de Dexo-Mera. Da man de Isa e Laura, monitoras do CEIDA, coñeceron diferentes plantas e animais durante o percorrido pola costa de Dexo e polo entorno do faro de Mera. En Mera tamén visitaron a Aula da Natureza onde coñeceron o funcionamento dos faros e como cambiaron ao longo do tempo.
COSTA DE DEXO_MERA on PhotoPeach

martes, 11 de junio de 2019

ESTAMOS DE NORABOA

Estes días acabamos de recibir unha noticia moi ilusionanante: o blog de A horta de Mero foi seleccionado como finalista do concurso de blogs.

Destacan a estética coidada e a cantidade de recursos audiovisuais empregados. Tamén destacan as actividades interxeneracionais para celebrar días sinalados e a labor da biblioteca con contacontos e talleres de reciclaxe para elaborar máscaras e persoaxes de contos.

Para nós, como se quedaramos de primeiros, é un recoñecemento á labor de horas de dedicación para darlle visibilidade ao traballo dos nenos e das nenas. Tamén é un novo pulo para seguir aprendendo, mellorando as cousas que saen ben é repensando aquelas coas que atopamos dificultades. Para seguir abrindo ao noso centro á comunidade educativa.



Noraboa a todos/as
Mero