-->

viernes, 16 de enero de 2026

Os vermes tamén teñen dereito a comer rico!

En xuño decidimos plantar un repolo, unha coliflor e un brécol e á volta das vacacións de verán atopámonos con isto... o repolo sobreviviu pero a coliflor e o brécol non😕... Viñeron os vermes a comelos! 😅 Non nos imos enoxar xa que eles tamén teñen dereito a comer, aínda que a nós tamén nos gustaría ter probado da nosa colleita😬




lunes, 1 de diciembre de 2025

Que delicia!

 Por fin chegou o momento de coller o repolo e as leitugas que tan boa pinta nos tiñan!

Aquí unha mostra para que vexades o ben que nos alimentamos co que a terriña nos da.😊


Todo delicioso!😋



sábado, 1 de noviembre de 2025

SAMAÍN EN PRIMARIA

 Neste curso 25/26 as cabazas tiveron un toque artístico... Castelao, Frida Khalo, Picasso xunto con monstros, meigas,... decoraron a nosa escola nesta última semana do mes de outubro.

Ademais nas aulas fixemos lecturas ás escuras (lecturas á luz dunha lanterna).





domingo, 19 de octubre de 2025

MAGOSTO

Dámoslle a benvida ao outono coa nosa tradicional festa da magosto.

Festa compartida entre mestres, familias e os nenos e nenas.


Aquí temos aos pequenos de infantil 





viernes, 3 de octubre de 2025

jueves, 2 de octubre de 2025

PREPARADOS/AS, LISTOS/AS,....XA

 Despois dunhas primeiras semanas arrincando herbas dos bancais chegou o momento de sementar e plantas.

Empezaremos sementando grelos e rabanitos.

Unhas leitugas que ainda quedan días calurosos.




viernes, 26 de septiembre de 2025

HOXE DEGUSTAMOS .... AMORODOS

 Non temos moitos, pero como sabemos compartir un cachiño para cada un/unha e sabe mmmmm... non hai palabras.