-->

martes, 22 de diciembre de 2020

UN NADAL COMPARTIDO

 A pesares de todas as medidas restrictivas que temos, grazas a todos os nenos e nenas, as súas familias e os mestres e mestras conseguimos COMPARTIR.

Elaboraron adornos para as árbores con materiais moi variados (CDs, rolos de papel, periódicos,...) que agora mesmo estarán pendurando nas árbores de moitos fogares.

Só podemos dicir GRAZAS.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.


O nadal é mellor compartido. de Mero Mero

miércoles, 4 de noviembre de 2020

Hoxe no menú temos...

 Os rapaces e rapazas estiveron argallando diferentes receitas coas que celebrar o Samaín de forma saudable: arañas de mandarina, plátanos fantasmais, sandwiches monstruosos,...Serás capaz de probalos?


hoxe no menú temos... de Mero Mero

lunes, 2 de noviembre de 2020

CELEBRANDO O SAMAÍN

 Celebramos as nosas festas máis tradicionais, cun toque de modernidade.

Aquí vos presentamos as nosas cabazas: tradicionais, de bruxas, de outono, de polbos,...botándolle imaxinación e ríndonos un pouco, que tamén fai falta.

Moitas grazas as familias que sempre se prestan a colaborar.

Samaín_video de Mero Mero

O nivel de 5ºEP participou de forma virtual nesta convocatoria. Moitas grazas polas aportacións.


samaín 5ºep de Mero Mero

sábado, 24 de octubre de 2020

COMÉNDONOS O OUTONO

 Non poderemos compartir as merendas, pero sí podemos aprender coas merendas de todos.

Recoñeces todas as froitas de outono que aparecen?

O outono trae moita froita variada: castañas, noces, améndoas, caquis, kiwis, feixoas,... hai para tódolos gustos.


Aquí vos deixamos unha mostra das merendas desta semana. 

VIVA A FROITA!



Diseño de Mero Mero

domingo, 18 de octubre de 2020

Roteiro polo Pasatempo

Nenas e nenos de Primaria están a visitar o Parque do Pasatempo cos mestres de Educación Física. Aproveitarán o paseo para coñecer algunhas das árbores que nel se atopan. Botádelle unha ollada👀 ao video...



viernes, 16 de octubre de 2020

VENDIMA EN FAMILIA

Este ano seguimos de celebración e de festa, seguimos a disfrutar todos xuntos da vendima, esta vez en familia. Moitas grazas a todos por participar.
VENDIMIA EN FAMILIA 20_21 de Mero Mero

domingo, 4 de octubre de 2020

Cantiga "A Vendima"

 O grupo Treixadura canta esta bonita canción sobre a vendima escoitádea, veredes como vos gusta



lunes, 21 de septiembre de 2020

MERO INICIA O NOVO CURSO 2020/2021

 Mero xa está disposto para acompañarnos un ano máis no coidado da horta e do xardín, fomentando valores medioambientais.

 


Queredes acompañalo e axudarlle nesta nova aventura.

Aquí tedes toda a información.


miércoles, 27 de mayo de 2020

HOXE APRENDEMOS CON...ELOY CALVO GRAIÑO

Eloy fixo este mural co que nos aprende os nomes dalgunhas flores.




Se ti sabes máis, envíame o teu mural a ahortademero@gmail.com

lunes, 25 de mayo de 2020

HOXE APRENDEMOS CON...DAVID OBLANCA PARGA 6ºD EI

David anda a aprender cousas sobre as plantas, aquí vos deixo unha mostra do que aprendeu e que comparte con todos nós.


Agardamos pola seguinte clase.



lunes, 11 de mayo de 2020

O MAIO NA CASA

Os nenos e as nenas do Vales celebran o maio na casa coa súa familia, algúns recollendo flores, outros reciclando, pero todos e todas facendo un gran traballo en equipo.







viernes, 1 de mayo de 2020

OS MAIOS EN BETANZOS


"Os Maios" en Betanzos
No ano 2009 recuperáronse "Os Maios" en Betanzos.
O alumnado da Escola Municipal de Folclore (EMuF), xúntase desde ese ano para cantar os maios o día 1 de maio, nunha das feiras máis importantes de Betanzos. O Vales tamén os acompañou algún ano.
Hoxe, non imos a sair con nosos arcos todos cheos de flores, debido á situación que estamos a vivir.
Dende a EMuF  quixeron ter este recordo neste día tan especial para toda a nosa xente de Betanzos e de fora de Betanzos. Se pinchades na foto poderedes ver un fermoso vídeo.

Feliz día dos Maios 



II

Este noso maio é o mes das flores
cando os paxariños cantan ledos os seus amores (tres)

Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco
velo aí ven o maio cargadiño de trovisco
Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco.

Dúrmete miña neniña que os paxariños calaron
despertaranche as rosiñas, rosiñas do noso maio
rosiñas do noso maio, aila lelo aila lala lala

Levántate maio que tanto durmiche
que pasou abril e ti non o viche (tres)

Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco
velo aí ven o maio cargadiño de trovisco
Velo aí ven o maio por detrás de San Francisco

jueves, 23 de abril de 2020

RECICLANDO NA CASA


Moitas grazas pola rápida resposta.
Seguide mandándome fotos das vosas creacións a ahortademero@gmail.com



preme aquí

miércoles, 22 de abril de 2020

IDEAS PARA CULTIVAR NA CASA

A editorial Libros del Zorro Rojo nos fai un agasallo: unhas páxinas de valde do libro Manos a la tierra onde atoparedes ideas fantásticas para estes días.

preme aquí

martes, 21 de abril de 2020

PONTE EN CONTACTO CON MERO

O noso amigo Mero tamén esta pasando esta corentena na casiña, pero séguevos na rede.
Gustaríalle que lle mandáseves videos ou fotos das cousiñas que estades facendo na casa con material de refugallo.



O meu mail para o que necesites é ahortademero@gmail.com

Agardo as vosas propostas.

lunes, 23 de marzo de 2020

DIA METEREOLÓXICO MUNDIAL

Dende a biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés, nos ofrecen unha selección de lecturas para concienciar sobre a importancia da metereoloxía no clima.

preme aquí

viernes, 20 de marzo de 2020

EUQUEDONACASA...CELEBRANDO A PRIMAVERA

Ola nenos e nenas, que tal imos levando estes días? Eu ando a cavilar en maneiras de seguir coidando do planeta dende casa.

Está a chegar a primavera e o que máis me gusta é plantar. Xa sei que non todos/as temos horta, pero seguro que temos un balcón ou ventana, botellas de plástico, briks de leite, envases de iogur,... falta as sementes e a terra.

Para as sementes teño a solución...as tes na cociña. Non me crees?





clica aquí
Neste blogue tedes moitas máis ideas...espero os vosos comentarios e fotos. Podédesme escribir a ahortademero@gmail.com

miércoles, 4 de marzo de 2020

O TEMPO NO MES DE FEBREIRO

Así nos resumiron o tempo atmosférico en Betanzos, do mes de febreiro, as nenas e nenos de 1º.


sábado, 15 de febrero de 2020

MERGULLÁNDONOS NO ENTROIDO

Alumnado de 1º de E. Primaria, xunto coas súas mestras, acudiron á panadaría para aprender a facer orellas, sobremesa típica desta festa!


PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO



viernes, 7 de febrero de 2020

DÍA DA PAZ

Alumnado de 2º de Primaria, xunto cos seus profes, fixeron o símbolo da Paz de Gerald Holtom con material de refugallo. Empregaron botóns de diferentes tamaños e cores para reinterpretar o símbolo.