-->
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas

lunes, 31 de mayo de 2021

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O meu amigo Leo e o seu equipo da Biblioteca xa teñen un rincón preparado cunha selección de libros para disfrutar e aprender a coidar do medio que nos rodea.

Animádevos a pasar pola biblio e mergullarvos neste mar de posibilidades!



miércoles, 22 de abril de 2020

IDEAS PARA CULTIVAR NA CASA

A editorial Libros del Zorro Rojo nos fai un agasallo: unhas páxinas de valde do libro Manos a la tierra onde atoparedes ideas fantásticas para estes días.

preme aquí

lunes, 23 de marzo de 2020

DIA METEREOLÓXICO MUNDIAL

Dende a biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés, nos ofrecen unha selección de lecturas para concienciar sobre a importancia da metereoloxía no clima.

preme aquí

lunes, 28 de octubre de 2019

MALETA VIAXEIRA

Dendo o CEIDA non envían esta maleta naturista onde podemos atopar unha chea de recursos cos que profundizar no patrimonio natural de Galicia.
Así podemos aprender sobre unha chea de animais, plantas, hai cadernos de campo que nos poden inspirar para facer o noso propio nas próximas saídas.

Estes recursos non son de préstamo para a casa pero sí para as aulas.
Están a vosa disposición no recuncho fedelleiro da biblioteca ata o 21 de novembro.


miércoles, 11 de abril de 2018

NOVIDADES SOBRE NATUREZA

Mirade cantas novidades sobre Natureza nos trouxo Mero á Biblioteca. Buscade no expositor de novidades da Biblioteca, son preciosos!

martes, 30 de enero de 2018

Rincón verde de lectura

Mero creo xunto co seu amigo Leo un rincón verde de lectura, onde podedes localizar libros para descubrir a natureza e aprender a coidala mellor.

Inauguramos este rincón cunha selección de libros a estrear, as aventuras  do raposo Rufo, que nos vaia ensinar a coidar a horta, coñecer os bichiños da horta e aproveitar os seus froitos para facer saborosas receitas.


Mero e Leo esperan que vos gusten estes contiños.