-->

domingo, 3 de febrero de 2019

TINNIE

Á volta das vacacións de Nadal, a nosa clase viu que no "Recuncho Verde" do cole tiñamos uns novos visitantes: os TINNIES. Os TINNIES son uns botes feitos con material de refugallo. Os nenos e as nenas de 6ºC déronlle unha nova vida a eses botes e nós, os nenos e as nenas de 2ºB, decidimos apadriñar un para a nosa clase. Necesitabamos un bote para gardar as galletas de clase e ocurriusenos adoptar un deses TINNIES para metelas dentro. Escribímoslles unha carta aos nosos compis pedíndolles un e contestáronnos enseguida. Agora xa temos un bote chulísimo onde gardar as galletas da merenda!!
Grazas por unha idea tan xenial!!