-->

jueves, 23 de mayo de 2019

VERMES DE SEDA

Esta semana, o alumnado de 4ºEI e 2ºEP tivemos a visita dunha experta en vermes de seda. Ela explicounos a lenda sobre cómo se descurbriu este tecido, a diferencia entre verme e eiruga (por certo, os de seda son eirugas porque teñen patas), que hai diferentes cores, o que é a pupa, como obter a seda, diferentes tecidos,...encantounos.




miércoles, 8 de mayo de 2019

domingo, 5 de mayo de 2019

VISITAMOS O COLE DE INFANTIL

Os nenos e nenas de Infantil prepararon unha obra de teatro baseada no conto "Rufo e o escaravello das patacas". Tamén fixeron uns traballos sobre as árbores que teñen no seu patio e prepararon un roteiro para amosalas. Aprenderon un montón de cousas e nós tamén.
Moitas grazas por ensinarnos tantas cousas.




Os nenos/as de 2ºA tamén no lo contan no seu programa de radio de aula.


jueves, 2 de mayo de 2019

PLANTANDO COS NOSOS MAIORES

Con motivo da celebración do Día da Terra (22 de abril) e do Día dos Avós (26 de xulio) a asociación cultural Abanca de Betanzos quixo celebrar estas datas tan sinaladas no noso centro.
Prepararon con todo o seu cariño unha obra de teatro e trouxeron prantas que eles mesmos cultivaron para plantalas cos nenos/as no centro. Mágoa que ese día chovera, polo que tivemos que plantalas nós outro día.

Aprendimos moito e pasámolo moi ben.
Invitarémolos outra vez para que vexan o ben que estamos coidando das prantas.