-->

jueves, 31 de mayo de 2018

II INTERCAMBIO DE SEMENTES

Pois xa imos coa segunda edición desta convocatoria, onde Mero lles pide aos nenos e nenas do cole que traian flores e plantas da súa casa para cambialas por outras doutros compañeiros/as.
Este ano había moitísimas flores...moitas grazas a todos/as.


domingo, 6 de mayo de 2018

viernes, 4 de mayo de 2018

CELEBRANDO OS MAIOS

Coa chegada do maio recordamos esta celebración tan ancestral.

As propias organizacións culturais de Betanzos tratan de recuperar esta festa coa axuda dos máis novos facendo pasarrúas, cantando e lanzando flores.

No centro tamén queremos recuperar esta tradición. No centro de Educación Infantil o fixeron da maneira tradicional, cun maio cheo de flores traídas polo seu alumnado.

No centro de primaria quixemos facer unha versión máis ecolóxica, a proposta era que o alumnado trouxera flores feitas con material de refugallo. Os materias empregados foron do máis variado: caixas de ovos, botellas, papeís de xornais, restos de papeis de cores,...

E este é o resultado. Moitas grazas a todos e todas.