-->

viernes, 23 de febrero de 2018

SEMENTANDO PARA A HORTA

Os nenos e nenas de 1ºA estivemos preparándo as prantas para a nosa horta.
Investigamos cales eran as hortalizas que había na época medieval e tamén cales eran as prantas que as bruxas empregaban para as súas pocemas.

Así sementamos perexil, pemento, leituga e acelga. Trouxemos uns vasos de iogur, fixémoslles un buratiño no fondo e agora os temos na clase para velos medrar pouco a pouc. Cando estean un pouco grandes os levaremos para a horta.



Sementando para a horta medieval. on PhotoPeach

miércoles, 21 de febrero de 2018

COMÉNDONOS O ENTROIDO.

Un ano máis e grazas a colaboración das familias puidemos celebrar o entroido comendo filloas.

Sabiades que xa se degustaban antes da idade media? Pois sí, que daquela xa sabían divertirse.

E este ano nós non quixemos faltar a cita. Moitas grazas as familias de 1º, 2º e 3º de Primaria por facelo posible.




E como mostra de agradecemento as pandereteiras do cole cantáronlles unhas cancionciñas que están aprendendo.