Coa chegada do maio recordamos esta celebración tan ancestral.
As propias organizacións culturais de Betanzos tratan de recuperar esta festa coa axuda dos máis novos facendo pasarrúas, cantando e lanzando flores.
No centro tamén queremos recuperar esta tradición. No centro de Educación Infantil o fixeron da maneira tradicional, cun maio cheo de flores traídas polo seu alumnado.
No centro de primaria quixemos facer unha versión máis ecolóxica, a proposta era que o alumnado trouxera flores feitas con material de refugallo. Os materias empregados foron do máis variado: caixas de ovos, botellas, papeís de xornais, restos de papeis de cores,...
E este é o resultado. Moitas grazas a todos e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario