-->

lunes, 20 de diciembre de 2021

RETO SUPERADO: POR UN NADAL EN VERDE

 Botellas, corchos, cartón, cápsulas do café, CDs, ... pero sobre todo moita imaxinación fixeron posible que nas aulas celebremos o Nadal pensando en verde. Que adornos tan xeitosos puidemos ver. 

Nalgunhas aulas cada un fixo o seu, noutras vannos compartir, pero todos disfrutamos das vosas creacións.

Moitas grazas aos nenos/as e as súas familias.

Bo Nadal en verde. de Mero Mero

jueves, 9 de diciembre de 2021

MERO TEN UN RETO PARA TI

 Mero quere rematar o ano coidando do planeta, pero necesita a túa axuda.

O reto consiste en crear adornos de Nadal a partir de materiais de refugallo. Podes facer adornos para intercambiar despois por outros dos teus compañeiros/as ou ben adornos que decoren o noso patio.

Anímate e trae o teu adorno! 

Por un Nadal en verde de Mero Mero

martes, 7 de diciembre de 2021

domingo, 14 de noviembre de 2021

CASTAÑAS E BAILARETES

Nestas semanas, tempo de xogos e castañas, estivemos moi entretidos tanto en Infantil coma en Primaria. Botádelle unha ollada aos vídeos!!!

sábado, 6 de noviembre de 2021

O TEMPO. OUTUBRO

 Ó longo do mes de outubro, as nenas e nenos de 1º recollemos diariamente o tempo atmosférico en Betanzos e, o finalizar o mes, elaboramos unha gráfica con todos os datos. Esta é a nosa primeira gráfica e o noso primeiro video, iremos mellorando!!.



domingo, 31 de octubre de 2021

SAMAÍN

Durante esta semana preparamos o cole para a festa do Samaín cunha variedade de actividades. Aquí vos deixamos unha mostra do que estivemos a facer...

sábado, 16 de octubre de 2021

VENDIMAMOS NO COLE

A rapazada de 1º de Educación Primaria non quere perder ningunha tradición da Comarca, polo que, hai uns días, participou da Festa da Vendima.