-->

domingo, 23 de abril de 2023

PATIO ANDALUZ

A rapazada de 1º de Primaria fixo un pequeno patio andaluz nun dos recunchos do patio. Quixeron decorar con plantas as paredes do patio do cole. Deste xeito, fannos valorar e reflexionar sobre a importancia da natureza que nos rodea e do coidado que precisa. Agardamos que todos e todas sexamos responsables e coidemos desta nova zona.

viernes, 31 de marzo de 2023

REVERDECER A ESCOLA: Refuxios de fauna

 Volvemos a xogar e aprender coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Desta volta os rapaces de 4ºB, 4ºC e 2ºC estiveron a realizar diferentes actividades.

Por unha banda crearon refuxios de fauna que despois colocaron nalgunhas das árbores do noso patio.

Por outra banda convertíronse en detectives por un día, buscando diferentes aves, insectos, plantas,...que recolleron nunhas fichas didácticas.

Aquí tedes unha mostra desta actividade.



lunes, 27 de marzo de 2023

REVERDECER A ESCOLA


Continuamos coa preparación da charca da nosa escola grazas á colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Nesta nova xornada as rapazas e rapaces de 4ºB e de 2ºB remataron as labores iniciadas na xornada anterior. 

Primeiro botaron area e colocaron pedras delimitando o espazo

A continuación colocaron  o plástico e encheron de auga.

Por último, colocaron as plantas acuáticas.

Agora temos que agardar que moitos bichiños nos veñan visitar.


martes, 21 de marzo de 2023

REVERDECER A ESCOLA

Non hai dúbida dos beneficios que supón contar na escola con zonas verdes (creatividade, relación cos compañeiros/as, conciencia ecolóxica, redución do estres,...).
É por iso que a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo pensou no noso centro para construír unha charca e todo o que iso vai supoñer.

Nesta primeira xornada o alumnado de 4ºA e de 2ºE  diseñou e acondicionou o espazo onde irá a charca, na que agardamos poder observar libeliñas, bolboretas,... xa vos iremos contando.

Agora é moi importante coidar deste espazo entre todos e todas para poder disfrutalo.

miércoles, 21 de diciembre de 2022

NADAL SOSTIBLE

 Moitas grazas familias, por conseguir entre todos e todas este reto de Nadal Sostible.

Os adornos son estupendos: froitas desecadas, paos, pratos desbotables, piñas,... enchimos a entrada do cole e as árbores do patio. O vento deste días fixo que es estragara algún ou que saira voando.

Tampouco podemos deixar de agradecer a todos os rapaces e rapazas que participaron na elaboración das postais, coas que faremos un intercambio para trasladar os nosos mellores desexos aos nosos compañeiros e compañeiras.

Cun pouco de creatividade, unha pinga de imaxinación e moita ilusión Mero e todo o seu equipo danvos as grazas e vos desexan FELICES FESTAS.


bo nadal de M Belen Vazquez Freire

martes, 1 de noviembre de 2022

ESTAMOS DE SAMAÍN

Grazas á colaboración das familias puidemos decorar o noso centro con cabazas decoradas, tanto ao estilo tradicional coma inspiradas nos países que estamos a investigar nas nosas aula (relacionadas coa PDI do centro).
Aquí vai unha pequena mostra.


SAMAÍN de M Belen Vazquez Freire