-->

jueves, 28 de marzo de 2019

OBRADOIROS NA BIBLIOTECA

Nesta útima edición dos obradoiros na biblioteca faremos diferentes manualidades con materiais de refugallo a partires dos contos máis lidos ou coñecidos.


Esperamos que disfrutedes con eles.

viernes, 1 de marzo de 2019

COMÉNDONOS O ENTROIDO COAS FAMILIAS

Temos que agradecer ás familias que compartiron o seu tempo para pasar unha mañá ensinándonos o arte de facer filloas, que ricas estaban. Sen elas non sería posible.

OBRADOIROS DE ENTROIDO NA BIBLIOTECA

Seguimos coa colabaración entre Mero e Leo, entre o equipo de Voz Natura e a biblioteca, cunha nova entrega de obradoiros onde reciclamos diferentes materiais (pratos de cartón, rolos de papel hixiénico, cartolinas,...) para crear adornos de entroido.
Compartimos espacio na biblioteca e pasámolo xenial.
Velaquí o resultado.


domingo, 3 de febrero de 2019

TINNIE

Á volta das vacacións de Nadal, a nosa clase viu que no "Recuncho Verde" do cole tiñamos uns novos visitantes: os TINNIES. Os TINNIES son uns botes feitos con material de refugallo. Os nenos e as nenas de 6ºC déronlle unha nova vida a eses botes e nós, os nenos e as nenas de 2ºB, decidimos apadriñar un para a nosa clase. Necesitabamos un bote para gardar as galletas de clase e ocurriusenos adoptar un deses TINNIES para metelas dentro. Escribímoslles unha carta aos nosos compis pedíndolles un e contestáronnos enseguida. Agora xa temos un bote chulísimo onde gardar as galletas da merenda!!
Grazas por unha idea tan xenial!!