-->

lunes, 4 de junio de 2018

EXPOSICIÓN MEDIEVALES EN VOZ NATURA

Esta fin de semana foi a festa de Voz Natura en Culleredo. Tódolos centros que participamos levamos alí unha mostra do traballo realizado durante este curso.

O equipo de A horta de Mero preparou un stand onde recollimos os diferentes traballos que se elaboraron relacionados coa Idade Media, xa que este era a PDI do centro: maquetas de castelos, hórreos, vivendas, vehículos medievais, tinta medieval, prantas medicinais, vermes de seda, calendario agrícola medieval,...

Aquí vos deixamos unha mostra, e no próximo curso volveremos a estar, xa que o noso centro foi novamente seleccionado para participar no proxecto Voz Natura.


No hay comentarios:

Publicar un comentario