-->

martes, 11 de junio de 2019

ESTAMOS DE NORABOA

Estes días acabamos de recibir unha noticia moi ilusionanante: o blog de A horta de Mero foi seleccionado como finalista do concurso de blogs.

Destacan a estética coidada e a cantidade de recursos audiovisuais empregados. Tamén destacan as actividades interxeneracionais para celebrar días sinalados e a labor da biblioteca con contacontos e talleres de reciclaxe para elaborar máscaras e persoaxes de contos.

Para nós, como se quedaramos de primeiros, é un recoñecemento á labor de horas de dedicación para darlle visibilidade ao traballo dos nenos e das nenas. Tamén é un novo pulo para seguir aprendendo, mellorando as cousas que saen ben é repensando aquelas coas que atopamos dificultades. Para seguir abrindo ao noso centro á comunidade educativa.



Noraboa a todos/as
Mero

No hay comentarios:

Publicar un comentario