martes, 25 de enero de 2022
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Celebramos este día porque, aló polo ano 1975, organizouse en Belgrado un Seminario no que participaron máis de 70 países . Nesta reunión propuxéronse como meta a de formar á población mundial para que se preocupase polo medio ambiente.
No noso cole contamos coa inestimable axuda de Mero, que nos ensina a coidar a horta, a reciclar, a facer compostaxe, a coidar do invernadoiro e das plantas ornamentais do patio, das clases e da biblioteca. Mero, é, sen dúbida, un gran experto!!!
E como mostra do ben que coidamos do medio ambiente, aquí temos ao alumnado de 5º E , que se animou a mandar unha foto na que limpan o patio. Atoparon demasiados residuos, non credes? Temos que estar máis atentos e intentar que as nosas pistas estean sempre limpas. Entre todos e todas, sen dúbida, conseguirémolo !!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario