-->

martes, 17 de abril de 2018

PLANTAMOS NA HORTA MEDIEVAL

Os nenos e nenas de 1ºA seguimos plantando na nosa horta medieval e aprendendo sobre as plantas coas que estamos traballando.

Como vos bruxos e bruxas aprendemos sobre as plantas e as súas propiedades. Aprendimos sobre o tomiño, que é un antibiótico natural. Podemos tomalo en infusión ou en sopa.

Plantamos na horta cebolas e chalotas, hortalizas que se cultivaban na época medieval.




 Tamén aproveitamos para quitar as malas herbas dos demais bancais.












viernes, 13 de abril de 2018

O COMPOSTEIRO

O noso composteiro xa está case listo, moitas grazas a todos e todas por separar nas aulas os restos das merendas e despois levalas ata o composteiro. Agora só nos queda esperar a que a natureza siga o seu curso.

Estaremos pendientes para controlar os niveis de humidade e para voltear de cando en vez o composto.




PLANTAMOS LANDRAS

Os nenos e nenas de 2ºB estivemos plantando landras.

Cando as recollimos puidemos observar perfectamente como ían agromando o talo e as raíces por primeira vez...impresionante. Moito mellor que nas fotos dos libros.







miércoles, 11 de abril de 2018

NOVIDADES SOBRE NATUREZA

Mirade cantas novidades sobre Natureza nos trouxo Mero á Biblioteca. Buscade no expositor de novidades da Biblioteca, son preciosos!