-->

lunes, 20 de diciembre de 2021

RETO SUPERADO: POR UN NADAL EN VERDE

 Botellas, corchos, cartón, cápsulas do café, CDs, ... pero sobre todo moita imaxinación fixeron posible que nas aulas celebremos o Nadal pensando en verde. Que adornos tan xeitosos puidemos ver. 

Nalgunhas aulas cada un fixo o seu, noutras vannos compartir, pero todos disfrutamos das vosas creacións.

Moitas grazas aos nenos/as e as súas familias.

Bo Nadal en verde. de Mero Mero

jueves, 9 de diciembre de 2021

MERO TEN UN RETO PARA TI

 Mero quere rematar o ano coidando do planeta, pero necesita a túa axuda.

O reto consiste en crear adornos de Nadal a partir de materiais de refugallo. Podes facer adornos para intercambiar despois por outros dos teus compañeiros/as ou ben adornos que decoren o noso patio.

Anímate e trae o teu adorno! 

Por un Nadal en verde de Mero Mero

martes, 7 de diciembre de 2021

domingo, 14 de noviembre de 2021

CASTAÑAS E BAILARETES

Nestas semanas, tempo de xogos e castañas, estivemos moi entretidos tanto en Infantil coma en Primaria. Botádelle unha ollada aos vídeos!!!

sábado, 6 de noviembre de 2021

O TEMPO. OUTUBRO

 Ó longo do mes de outubro, as nenas e nenos de 1º recollemos diariamente o tempo atmosférico en Betanzos e, o finalizar o mes, elaboramos unha gráfica con todos os datos. Esta é a nosa primeira gráfica e o noso primeiro video, iremos mellorando!!.



domingo, 31 de octubre de 2021

SAMAÍN

Durante esta semana preparamos o cole para a festa do Samaín cunha variedade de actividades. Aquí vos deixamos unha mostra do que estivemos a facer...

sábado, 16 de octubre de 2021

VENDIMAMOS NO COLE

A rapazada de 1º de Educación Primaria non quere perder ningunha tradición da Comarca, polo que, hai uns días, participou da Festa da Vendima.

viernes, 18 de junio de 2021

PUNTO LIMPO NO COLE

 Esta semana tivemos un punto limpo móbil no noso centro. Escoitamos e preguntamos as dúbidas que tiñamos sobre a separación de residuos, observamos que se poden separar máis que nos contenedores que temos polas rúas, aprendimos sobre algúns residuos que deben ir a puntos limpos especiais como os aerosois ou os medicamentos (ainda que estean baleiros).


Separando no punto limpo. de Mero Mero

lunes, 7 de junio de 2021

5 DE XUÑO: DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Nestes últimos anos vimos celebrando esta data tan sinalada compartindo. Trouxemos plantas e as intercambiamos coas de outros compañeiros e compañeiras. Todos quedamos moi contentos e contentas coas novas plantas que habemos de coidar con agarimo.
DÍA DO MEDIOAMBIENTE 5 DE XUÑO de M Belen Vazquez Freire

miércoles, 2 de junio de 2021

AS NOSAS RÁS XA VIVEN NO PASATEMPO

 Os pequenos e pequenas de Infantil estiveron coidando as rás na aula pero agora xa van grandes e chegou o momento de ceibalas, para que vivan as súas propias aventuras.

Agardo que o pasaran moi ben e aprenderan moito.



lunes, 31 de mayo de 2021

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O meu amigo Leo e o seu equipo da Biblioteca xa teñen un rincón preparado cunha selección de libros para disfrutar e aprender a coidar do medio que nos rodea.

Animádevos a pasar pola biblio e mergullarvos neste mar de posibilidades!



martes, 25 de mayo de 2021

ENTRE PAXAROS E SEMENTES

Os  nenos e nenas de 2ºA estiveron facendo limpeza no invernadoiro e atoparon un comedeiro de paxaros.

O colocaron xa nunha árbore que poden observar dende a fiestra da clase.

Cantos paxariños verán? 


Ademais unha das súas compañeiras, Marta, trouxo sementes da casa para compartir: cabello de anxo, cabaza grande e pequena, xirasol,.. en vasos de iogur estiveron sementando e agora toca esperar.

Moito tardan en saír!


 



jueves, 20 de mayo de 2021

RADIO VOZ CON MERO E O SEU EQUIPO

 Onte pola mañá Radio Voz achegouse ao noso centro para facernos unha entrevista. 

Sabela, Abel e Álvaro, como representantes do alumnado de 6ºA, que tanto traballou na horta este ano, así como a coordinadora do proxecto Belén Vázquez, contaron brevemente como é o seu proxecto, para que serve,...

Pero moito mellor escoitalos a eles.







viernes, 30 de abril de 2021

AHÍ VEÑEN OS MAIOS

Imos preparando o noso maio? Este ano vos propoño facelo con materiais de reciclaxe. Que vos parecen as flores de trapillo? Aquí vos deixo un video de como se pode facer.

 

lunes, 5 de abril de 2021

CADERNO DE CAMPO

Dende finais do 1º trimestre e comezos do 2º, os nenos e as nenas de 2º de Primaria estiveron a traballar os animais e as plantas da nosa contorna. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das aves, mamíferos, árbores, arbustos,... que atoparon nos seus paseos pola comarca das Mariñas...

 


domingo, 31 de enero de 2021

RECEITAS POLA PAZ

Este curso estamos moi metidos na cociña... Nenos e nenas de 4º ensínannos as súas receitas para a Paz, serás capaz de facelas? Seguro que si!!