-->

miércoles, 21 de diciembre de 2022

NADAL SOSTIBLE

 Moitas grazas familias, por conseguir entre todos e todas este reto de Nadal Sostible.

Os adornos son estupendos: froitas desecadas, paos, pratos desbotables, piñas,... enchimos a entrada do cole e as árbores do patio. O vento deste días fixo que es estragara algún ou que saira voando.

Tampouco podemos deixar de agradecer a todos os rapaces e rapazas que participaron na elaboración das postais, coas que faremos un intercambio para trasladar os nosos mellores desexos aos nosos compañeiros e compañeiras.

Cun pouco de creatividade, unha pinga de imaxinación e moita ilusión Mero e todo o seu equipo danvos as grazas e vos desexan FELICES FESTAS.


bo nadal de M Belen Vazquez Freire

martes, 1 de noviembre de 2022

ESTAMOS DE SAMAÍN

Grazas á colaboración das familias puidemos decorar o noso centro con cabazas decoradas, tanto ao estilo tradicional coma inspiradas nos países que estamos a investigar nas nosas aula (relacionadas coa PDI do centro).
Aquí vai unha pequena mostra.


SAMAÍN de M Belen Vazquez Freire

jueves, 29 de septiembre de 2022

CELEBRAMOS A VENDIMA

 As nosas vides ainda non medraron o suficiente, pero ainda así queremos volver celebrar a vendima no cole.

Este ano todos e todas xuntos. O tempo non acompañou para facelo ao aire libre, pero as ganas de pasalo ben non nolas quita ninguén.


Celebrando de M Belen Vazquez Freire

jueves, 2 de junio de 2022

ENTREVISTA A JOSÉ ALONSO

 ALUMNADO DE 1º A ENTREVISTA A JOSÉ ALONSO

Despois da lectura do conto "Nada de nada", na clase de 1ºA decidimos que queriamos ver moitos paxaros no noso patio. Pensamos que sería boa idea invitalos cun comedeiro, así que pedimos axuda as familias.

José Alonso, o pai de Marta, ofreceuse a vir ao cole e facer non só un comedeiro senón tamén dúas casetas para paxaros. Agora só queda ter paciencia e agardar a que os pardais se acheguen a comer.

Aproveitamos a súa visita para facerlle unha pequena entrevista, contanto coa axuda técnica do alumnado de 5ºA e 6ºD.

jueves, 12 de mayo de 2022

XA TEMOS CASIÑA

Os nenos e nenas de 1ºA leron na clase o conto "Nada de nada". 

Nada de nada | Bichitos Lectores

Eles tamén queren, ao igual que o protagonista de conto, que os paxaras veñan a Betanzos, e cantos máis mellor.

Por iso pedíronlles as familias que nos axudasen a facer casiñas e comedeiros de paxaros.

Entre as familias, o papa de Marta, ofreceuse a facernos unhas casetas de paxaros e un comedeiro.

Quedamos tan contentos que pensamos que agora só lles falta un bebedeiro para refrescarse. Esperamos de novo a súa visita.

 

Xa temos casiña! de Mero Mero

viernes, 6 de mayo de 2022

DONACIÓN A CRUZ VERMELLA

 Os rapaces e rapazas do cole levamos todo o curso traballando da horta: sachando, plantando, regando,...e despois de moito esperar chegou o momento de recolectar.

Agora temos chícharos, leitugas, acelgas, tirabeques, patacas, repolos,...

Pero o mellor de todo é poder compartir os nosos froitos con outros. Por iso os nenos e nenas (unha representación) fixeron entrega dunha caixa con productos 100% ecolóxicos e recollidos por eles mesmos, para o desfrute daqueles que o necesitan. Agardamos que sexan do seu agrado e que poidamos seguir colaborando con eles.



Tarjeta feliz Cumpleaños Floral beige crema pastel femenino acuarela manual de M Belen Vazquez Freire

jueves, 5 de mayo de 2022

ARTE NA PRAIA

As nenas e os nenos de 3º de E.Primaria visitaron, cos seus profes, a Praia da Ponte do Porco. Alí o betanceiro Francisco Martínez "Pin" ensinoulles como recoller residuos e transformalos en arte. A rapazada estivo a recoller material para, despois na clase, crear as súas obras de arte. Tamén aproveitaron para recoller o lixo que atoparon na praia.

martes, 8 de marzo de 2022

CÓMEME.BÉBEME.ÚSAME

Os alumnos de 5º E  están de noraboa. A natureza recompensa a súa paciencia e bo facer co enreizamento do romeu e da citronela.

Dende o inicio de curso levan argallando un proxecto sobre diferentes especies vexetais da nosa zona, investigando e aprendendo sobre as súas características e posibles usos para solicionar problemas cotiás de forma natura.


Unha aventura que comenzou coa plantación do romeu como planta insecticida e que neste momento
conta con 5 especies, ( romeu, ruda, melisa, ourego, tomiño e herbaboa) e o estudio dos seus usos e beneficios.

 




miércoles, 16 de febrero de 2022

RECICLAXE NO PATIO

No mes de Xaneiro instaláronse en algúns puntos do patio distintos coletores de lixo. Así podemos reciclar os restos das nosas merendas...

jueves, 10 de febrero de 2022

martes, 25 de enero de 2022

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Celebramos este día porque, aló polo ano 1975, organizouse en Belgrado un Seminario no que participaron máis de 70 países . Nesta reunión propuxéronse como meta a de formar á población mundial para que se preocupase polo medio ambiente. No noso cole contamos coa inestimable axuda de Mero, que nos ensina a coidar a horta, a reciclar, a facer compostaxe, a coidar do invernadoiro e das plantas ornamentais do patio, das clases e da biblioteca. Mero, é, sen dúbida, un gran experto!!!
E como mostra do ben que coidamos do medio ambiente, aquí temos ao alumnado de 5º E , que se animou a mandar unha foto na que limpan o patio. Atoparon demasiados residuos, non credes? Temos que estar máis atentos e intentar que as nosas pistas estean sempre limpas. Entre todos e todas, sen dúbida, conseguirémolo !!!!