-->

viernes, 20 de diciembre de 2019

INTERCAMBIO DE ADORNOS DE NADAL

Dende o Vales apostamos por un nadal ecolóxico, polo que animamos ao noso alumnado a elaborar un adorno que decorará a árbore da entrada e que despois poderán intercambiar por outro feito por outro compañeiro/a.
Moitas grazas a todos/as os que participaron.
II INTERCAMBIO ADORNOS DE NADAL por Mero Mero

jueves, 19 de diciembre de 2019

O TEMPO EN NOVEMBRO

Así foi o tempo ó longo do mes de Novembro, así o recolleron as nenas e nenas de 1º e así o conta Manuel.

lunes, 16 de diciembre de 2019

REGADEIRAS CON MENSAXE: A AUGA É VIDA

Esta semana chegaron unhas novas regadeiras para todos aqueles que teñen apadriñada unha maceta nas aulas.



jueves, 12 de diciembre de 2019

ATENCIÓN: PRÓXIMOS OBRADOIROS

Aquí están os próximos obradoiros da biblioteca, coma sempre con material de refugallo. Temos obradoiros relacionados con diferentes temáticas:
- para o mes de xaneiro obradoiros de trapillo, e así reaproveitamos as camisetas que xa non nos sirven.
- no mes de febreiro recordamos a Rosalía de Castro facendo origami.
- no mes de marzo faremos comedeiros para os paxaros reaproveitando un brick de leite.
- no mes de abril conmemoramos o día internacional do autismo, reaproveitando tubos de cartón e botellas para facer materiais sensoriais.
- no mes de maio celebrando as letras galegas xogando, ou non sabías que o futbolín é un invento galego?
- e por último no mes de xuño imos de festa gastronómica: polbo e sardiñas.

Escolle ben o obradoiro no que queres participar e apúntate. Deixaremos na bibliteca unha caixa onde poderás depositar a túa papeleta. Se hai moitos nenos/as para un mesmo obradoiro faremos un sorteo.
Ánimo.


martes, 10 de diciembre de 2019

CONCURSO: adiviña a árbore que estou aprendendo.

Imos coa segunga adiviña, novamente tedes no recuncho verde a caixa onde podedes depositar a vosa resposta.
Recordade poñer o nome e o curso.


Copia de Adiviña 2 por Mero Mero

viernes, 6 de diciembre de 2019

ADIVIÑA 1: O CASTIÑEIRO

Noraboa a tódolos acertantes...moitas grazas a todos por participar, houbo máis de 30 participantes.

Despois do sorteo realizado o gañador foi Duna Touriño Maceiras de 4ºE


Intentades resolver a seguinte adiviña? Ánimo, agardo as vosas respostas.
Mero.