-->

viernes, 20 de diciembre de 2019

INTERCAMBIO DE ADORNOS DE NADAL

Dende o Vales apostamos por un nadal ecolóxico, polo que animamos ao noso alumnado a elaborar un adorno que decorará a árbore da entrada e que despois poderán intercambiar por outro feito por outro compañeiro/a.
Moitas grazas a todos/as os que participaron.
II INTERCAMBIO ADORNOS DE NADAL por Mero Mero

jueves, 19 de diciembre de 2019

O TEMPO EN NOVEMBRO

Así foi o tempo ó longo do mes de Novembro, así o recolleron as nenas e nenas de 1º e así o conta Manuel.

lunes, 16 de diciembre de 2019

REGADEIRAS CON MENSAXE: A AUGA É VIDA

Esta semana chegaron unhas novas regadeiras para todos aqueles que teñen apadriñada unha maceta nas aulas.



jueves, 12 de diciembre de 2019

ATENCIÓN: PRÓXIMOS OBRADOIROS

Aquí están os próximos obradoiros da biblioteca, coma sempre con material de refugallo. Temos obradoiros relacionados con diferentes temáticas:
- para o mes de xaneiro obradoiros de trapillo, e así reaproveitamos as camisetas que xa non nos sirven.
- no mes de febreiro recordamos a Rosalía de Castro facendo origami.
- no mes de marzo faremos comedeiros para os paxaros reaproveitando un brick de leite.
- no mes de abril conmemoramos o día internacional do autismo, reaproveitando tubos de cartón e botellas para facer materiais sensoriais.
- no mes de maio celebrando as letras galegas xogando, ou non sabías que o futbolín é un invento galego?
- e por último no mes de xuño imos de festa gastronómica: polbo e sardiñas.

Escolle ben o obradoiro no que queres participar e apúntate. Deixaremos na bibliteca unha caixa onde poderás depositar a túa papeleta. Se hai moitos nenos/as para un mesmo obradoiro faremos un sorteo.
Ánimo.


martes, 10 de diciembre de 2019

CONCURSO: adiviña a árbore que estou aprendendo.

Imos coa segunga adiviña, novamente tedes no recuncho verde a caixa onde podedes depositar a vosa resposta.
Recordade poñer o nome e o curso.


Copia de Adiviña 2 por Mero Mero

viernes, 6 de diciembre de 2019

ADIVIÑA 1: O CASTIÑEIRO

Noraboa a tódolos acertantes...moitas grazas a todos por participar, houbo máis de 30 participantes.

Despois do sorteo realizado o gañador foi Duna Touriño Maceiras de 4ºE


Intentades resolver a seguinte adiviña? Ánimo, agardo as vosas respostas.
Mero.













domingo, 17 de noviembre de 2019

CONCURSO: Adiviña que árbores estou aprendendo.

Hoxe comeza o noso concurso "Adiviña que árbores estou aprendendo".

Mero quere que aprendamos moitas cousiñas sobre árbores senlleiras de Galicia. Así que preparou un concurso onde a través de diferentes pistas teredes que dicir o nome da árbore en cuestión.

Tedes no recuncho verde da entrada unha caixa onde podedes depositar un papeliño co voso nome, curso e o nome da árbore coa que pensades que estamos a xogar.

Moita sorte.

Adiviña 1 por Mero Mero

Copia de Adiviña 1 por Mero Mero

viernes, 8 de noviembre de 2019

jueves, 7 de noviembre de 2019

O TEMPO ATMOSFÉRICO DO MES DE OUTUBRO

As nenas e nenos de 1ºB levaron o rexistro do tempo atmosférico durante o mes de outubro. Recolleron os datos nunha sinxela gráfica e así nolo contaron.


domingo, 3 de noviembre de 2019

O SAMAIN NO VALES

O Proxecto Documental Integrado, que nos propoñen dende a Biblioteca, baséase en Galicia. Coa festa do Samaín, alumnado e familias colaboraron en adornar distintos espazos do cole coas cabazas disfrazadas coa temática que estamos a traballar.

lunes, 28 de octubre de 2019

MALETA VIAXEIRA

Dendo o CEIDA non envían esta maleta naturista onde podemos atopar unha chea de recursos cos que profundizar no patrimonio natural de Galicia.
Así podemos aprender sobre unha chea de animais, plantas, hai cadernos de campo que nos poden inspirar para facer o noso propio nas próximas saídas.

Estes recursos non son de préstamo para a casa pero sí para as aulas.
Están a vosa disposición no recuncho fedelleiro da biblioteca ata o 21 de novembro.


APRENDEMOS A RECICLAR

Neste novo curso continuamos levando o lixo orgánico que xeneramos nas aulas ata o composteiro e así poder ter un bo abono para a nosa horta.

Pero sabemos reciclar? Tódalas aulas temos varios contenedores para a separación do lixo pero o facemos ben?

Aquí vos deixo uns xogos para ir aprendendo e pasalo ben.

ecoembes
El desafío del reciclaje

jueves, 24 de octubre de 2019

CAIXAS MONSTRUOSAS

Seguimos na biblioteca coas nosas caixas monstruosas.

E así están a quedar, dan medo ou non!












martes, 22 de octubre de 2019

MACETA MUSICAL

Onte estivemos plantando con 3ºF na maceta que temos apadriñada no rincón musical do patio.



lunes, 21 de octubre de 2019

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Seguimos de festa... co Samaín.

Aquí vos deixamos un enlace a unha chea de recursos para traballar o samaín cantanto, pintando, xogando,...

preme aquí

sábado, 12 de octubre de 2019

A VENDIMA EN PRIMARIA

Os nenos e nenas de 1º e 3º de Primaria celebraron a Vendima.


A VENDIMA EN PRIMARIA on PhotoPeach

jueves, 10 de octubre de 2019

VENDIMA EN INFANTIL

EMPEZAMOS O CURSO 2019/20.- VENDIMA

CHEGOU A VENDIMIA Á BIBLIOTECA

Comezamos os obradoiros na biblioteca...e xa que estamos coñecendo Galicia, que mellor que a través das súas festas e tradicións.

Así comezamos coa vendimia facendo uns adornos con corchos de viño. Quedaron precisos!

 




martes, 8 de octubre de 2019

A VENDIMA


Xa andan vendimando polos arredores e pronto faremos a vendima no cole, cantade esta bonita cantiga do grupo Treixadura. Pincha na imaxe.



martes, 10 de septiembre de 2019

EU SON GALICIA:

Este será o título do novo PDI que se presenta dende a biblioteca, e dende o equipo de Voz Natura queremos contribuír dándolle unha visión ecolóxica ao proxecto.

COMEZAMOS!!


lunes, 2 de septiembre de 2019

UNHA VOLTA AO COLE MÁIS ECOLÓXICA

Ola a todos e a todas, que tal as vacacións. Espero que veñades descansados e con gañas de collar con forza este novo curso escolar.

Nesta volta podemos poñer o noso primeiro gran e apostar por unha volta máis ecolóxica, por exemplo: empregar unha botella de aluminio, envoltorios reutilizables, revisar material de anos anteriores,...

Aquí vos deixo uns enlaces que vos poden axudar.
FELIZ VOLTA AO ECOCOLE.


Como plantear una vuelta al cole sostenible.
La ecología cabe en la mochila del cole.

Ideas para una vuelta al cole más eco
Vuelta al cole sostenilble


Una vuelta al cole ecológica



viernes, 21 de junio de 2019

ROTEIRO COSTA DE DEXO

O alumnado de 2º de Primaria participou nun roterio pola costa de Dexo-Mera. Da man de Isa e Laura, monitoras do CEIDA, coñeceron diferentes plantas e animais durante o percorrido pola costa de Dexo e polo entorno do faro de Mera. En Mera tamén visitaron a Aula da Natureza onde coñeceron o funcionamento dos faros e como cambiaron ao longo do tempo.
COSTA DE DEXO_MERA on PhotoPeach

martes, 11 de junio de 2019

ESTAMOS DE NORABOA

Estes días acabamos de recibir unha noticia moi ilusionanante: o blog de A horta de Mero foi seleccionado como finalista do concurso de blogs.

Destacan a estética coidada e a cantidade de recursos audiovisuais empregados. Tamén destacan as actividades interxeneracionais para celebrar días sinalados e a labor da biblioteca con contacontos e talleres de reciclaxe para elaborar máscaras e persoaxes de contos.

Para nós, como se quedaramos de primeiros, é un recoñecemento á labor de horas de dedicación para darlle visibilidade ao traballo dos nenos e das nenas. Tamén é un novo pulo para seguir aprendendo, mellorando as cousas que saen ben é repensando aquelas coas que atopamos dificultades. Para seguir abrindo ao noso centro á comunidade educativa.



Noraboa a todos/as
Mero

jueves, 23 de mayo de 2019

VERMES DE SEDA

Esta semana, o alumnado de 4ºEI e 2ºEP tivemos a visita dunha experta en vermes de seda. Ela explicounos a lenda sobre cómo se descurbriu este tecido, a diferencia entre verme e eiruga (por certo, os de seda son eirugas porque teñen patas), que hai diferentes cores, o que é a pupa, como obter a seda, diferentes tecidos,...encantounos.




miércoles, 8 de mayo de 2019

domingo, 5 de mayo de 2019

VISITAMOS O COLE DE INFANTIL

Os nenos e nenas de Infantil prepararon unha obra de teatro baseada no conto "Rufo e o escaravello das patacas". Tamén fixeron uns traballos sobre as árbores que teñen no seu patio e prepararon un roteiro para amosalas. Aprenderon un montón de cousas e nós tamén.
Moitas grazas por ensinarnos tantas cousas.




Os nenos/as de 2ºA tamén no lo contan no seu programa de radio de aula.


jueves, 2 de mayo de 2019

PLANTANDO COS NOSOS MAIORES

Con motivo da celebración do Día da Terra (22 de abril) e do Día dos Avós (26 de xulio) a asociación cultural Abanca de Betanzos quixo celebrar estas datas tan sinaladas no noso centro.
Prepararon con todo o seu cariño unha obra de teatro e trouxeron prantas que eles mesmos cultivaron para plantalas cos nenos/as no centro. Mágoa que ese día chovera, polo que tivemos que plantalas nós outro día.

Aprendimos moito e pasámolo moi ben.
Invitarémolos outra vez para que vexan o ben que estamos coidando das prantas.


jueves, 28 de marzo de 2019

OBRADOIROS NA BIBLIOTECA

Nesta útima edición dos obradoiros na biblioteca faremos diferentes manualidades con materiais de refugallo a partires dos contos máis lidos ou coñecidos.


Esperamos que disfrutedes con eles.

viernes, 1 de marzo de 2019

COMÉNDONOS O ENTROIDO COAS FAMILIAS

Temos que agradecer ás familias que compartiron o seu tempo para pasar unha mañá ensinándonos o arte de facer filloas, que ricas estaban. Sen elas non sería posible.

OBRADOIROS DE ENTROIDO NA BIBLIOTECA

Seguimos coa colabaración entre Mero e Leo, entre o equipo de Voz Natura e a biblioteca, cunha nova entrega de obradoiros onde reciclamos diferentes materiais (pratos de cartón, rolos de papel hixiénico, cartolinas,...) para crear adornos de entroido.
Compartimos espacio na biblioteca e pasámolo xenial.
Velaquí o resultado.


domingo, 3 de febrero de 2019

TINNIE

Á volta das vacacións de Nadal, a nosa clase viu que no "Recuncho Verde" do cole tiñamos uns novos visitantes: os TINNIES. Os TINNIES son uns botes feitos con material de refugallo. Os nenos e as nenas de 6ºC déronlle unha nova vida a eses botes e nós, os nenos e as nenas de 2ºB, decidimos apadriñar un para a nosa clase. Necesitabamos un bote para gardar as galletas de clase e ocurriusenos adoptar un deses TINNIES para metelas dentro. Escribímoslles unha carta aos nosos compis pedíndolles un e contestáronnos enseguida. Agora xa temos un bote chulísimo onde gardar as galletas da merenda!!
Grazas por unha idea tan xenial!!