-->

viernes, 1 de diciembre de 2023

SEMANA DA RECICLAXE

Durante esta semana a rapazada de Primaria trouxo da casa residuos, que coas súas mans, converteron en xoguetes para empregar durante as clases de Educación Física. Unha forma divertida de concienciarnos sobre a redución e reutilización dos envases domésticos.

viernes, 17 de noviembre de 2023

En Acción polo Clima

 Os nenos e nenas de 3ºE están a investigar sobre o cambio climático.

Ademáis de buscar información e experimentar para coñecer as consecuencias do cambio climático, elaboraron unha enquisa para coñecer os bos hábitos do alumnado do Vales.

Queres saber se somos nenos e nenas responsables co medio ambiente?

Axúdalles a descubrilo contestanto a esta enquisa, non che levará máis de 5 minutos. 

GRAZAS

CLICA NA IMAXE PARA FACER A ENQUISA

domingo, 5 de noviembre de 2023

CABAZAS POLO SAMAÍN

Entre outras actividades que se desenvolveron no centro este Samaín, e grazas á colaboración familiar, os nenos e nenas do centro puideron amosarnos as súas cabazas que recreaban os contos dos que están sendo guardiáns. 
Leo está moi contento... e eu tamén.
Bo traballo!

Aquí vos deixamos unha mostra.


SAMAIN de M Belen Vazquez Freire

miércoles, 1 de noviembre de 2023

OBRADOIRO: BRUXEANDO POLO SAMAÍN

 Comezamos o novo curso retomando os obradoiros de cursos anteriores que tanto éxito tiveron.

Desta volta, colaborando estreitamente coa biblioteca escolar, contribuimos ao proxecto de "Bibliotecas creativas".

O primeiro obradoiro que realizamos partiu de reaproveitar os libros de espurgo da biblioteca, e xa que viña a época so Samaín optamos por facer unha bruxa. 

Moitas grazas a todos/todas por vir, agardamos que o pasarades moi ben.


obradoiro: de M Belen Vazquez Freire

sábado, 21 de octubre de 2023

O ADEGUEIRO LUIS VOLVE AO COLE

Luis, o adegueiro de Pagos de Brigante, volveu ao cole para ensinar á rapazada de 3º como coidar a vide que plantou o ano pasado cos nenos e nenas de 2ºA.

domingo, 1 de octubre de 2023

VENDIMA EN 3º EP

 Xa estamos celebrando o outono coa vendima.

Aquí temos aos rapaces e rapazas de 3ºEP (pinchade na imaxe).




domingo, 14 de mayo de 2023

HORTO AROMÁTICO

Os nenos e nenas de 6º de Infantil visitaron Primaria para facer un percorrido polo horto aromático da man dos seus responsables, a rapazada de 6ºE.

viernes, 5 de mayo de 2023

Reinventando os maios

 As rapazas e rapaces de Educación Infantil, coa axuda das súas mestras crearon unhas mandalas da primavera na aula de psicomotricidade.

Despois de observar a presentación, puideron interactuar coa mesma, ao principio con coidadiño porque non quería pisar nin estropear as flores, pero pouco a pouco foron xogando e disfrutando da mesma.

Que bonita iniciativa!



Reinventando os maios en Educación Infantil de Mero Mero

viernes, 28 de abril de 2023

AÍ VEN O MAIO

 O maio xa pode vir porque no cole, grazas a colaboración dos nenos e nenas, xa o temos todo preparado, arcos feitos e decorados coas flores que cada quen puido traer.


AHÍ VEN O MAIO de Mero Mero

domingo, 23 de abril de 2023

PATIO ANDALUZ

A rapazada de 1º de Primaria fixo un pequeno patio andaluz nun dos recunchos do patio. Quixeron decorar con plantas as paredes do patio do cole. Deste xeito, fannos valorar e reflexionar sobre a importancia da natureza que nos rodea e do coidado que precisa. Agardamos que todos e todas sexamos responsables e coidemos desta nova zona.

viernes, 31 de marzo de 2023

REVERDECER A ESCOLA: Refuxios de fauna

 Volvemos a xogar e aprender coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Desta volta os rapaces de 4ºB, 4ºC e 2ºC estiveron a realizar diferentes actividades.

Por unha banda crearon refuxios de fauna que despois colocaron nalgunhas das árbores do noso patio.

Por outra banda convertíronse en detectives por un día, buscando diferentes aves, insectos, plantas,...que recolleron nunhas fichas didácticas.

Aquí tedes unha mostra desta actividade.



lunes, 27 de marzo de 2023

REVERDECER A ESCOLA


Continuamos coa preparación da charca da nosa escola grazas á colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Nesta nova xornada as rapazas e rapaces de 4ºB e de 2ºB remataron as labores iniciadas na xornada anterior. 

Primeiro botaron area e colocaron pedras delimitando o espazo

A continuación colocaron  o plástico e encheron de auga.

Por último, colocaron as plantas acuáticas.

Agora temos que agardar que moitos bichiños nos veñan visitar.


martes, 21 de marzo de 2023

REVERDECER A ESCOLA

Non hai dúbida dos beneficios que supón contar na escola con zonas verdes (creatividade, relación cos compañeiros/as, conciencia ecolóxica, redución do estres,...).
É por iso que a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo pensou no noso centro para construír unha charca e todo o que iso vai supoñer.

Nesta primeira xornada o alumnado de 4ºA e de 2ºE  diseñou e acondicionou o espazo onde irá a charca, na que agardamos poder observar libeliñas, bolboretas,... xa vos iremos contando.

Agora é moi importante coidar deste espazo entre todos e todas para poder disfrutalo.