-->

viernes, 31 de marzo de 2023

REVERDECER A ESCOLA: Refuxios de fauna

 Volvemos a xogar e aprender coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Desta volta os rapaces de 4ºB, 4ºC e 2ºC estiveron a realizar diferentes actividades.

Por unha banda crearon refuxios de fauna que despois colocaron nalgunhas das árbores do noso patio.

Por outra banda convertíronse en detectives por un día, buscando diferentes aves, insectos, plantas,...que recolleron nunhas fichas didácticas.

Aquí tedes unha mostra desta actividade.



lunes, 27 de marzo de 2023

REVERDECER A ESCOLA


Continuamos coa preparación da charca da nosa escola grazas á colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Nesta nova xornada as rapazas e rapaces de 4ºB e de 2ºB remataron as labores iniciadas na xornada anterior. 

Primeiro botaron area e colocaron pedras delimitando o espazo

A continuación colocaron  o plástico e encheron de auga.

Por último, colocaron as plantas acuáticas.

Agora temos que agardar que moitos bichiños nos veñan visitar.


martes, 21 de marzo de 2023

REVERDECER A ESCOLA

Non hai dúbida dos beneficios que supón contar na escola con zonas verdes (creatividade, relación cos compañeiros/as, conciencia ecolóxica, redución do estres,...).
É por iso que a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo pensou no noso centro para construír unha charca e todo o que iso vai supoñer.

Nesta primeira xornada o alumnado de 4ºA e de 2ºE  diseñou e acondicionou o espazo onde irá a charca, na que agardamos poder observar libeliñas, bolboretas,... xa vos iremos contando.

Agora é moi importante coidar deste espazo entre todos e todas para poder disfrutalo.