-->

lunes, 31 de mayo de 2021

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O meu amigo Leo e o seu equipo da Biblioteca xa teñen un rincón preparado cunha selección de libros para disfrutar e aprender a coidar do medio que nos rodea.

Animádevos a pasar pola biblio e mergullarvos neste mar de posibilidades!



martes, 25 de mayo de 2021

ENTRE PAXAROS E SEMENTES

Os  nenos e nenas de 2ºA estiveron facendo limpeza no invernadoiro e atoparon un comedeiro de paxaros.

O colocaron xa nunha árbore que poden observar dende a fiestra da clase.

Cantos paxariños verán? 


Ademais unha das súas compañeiras, Marta, trouxo sementes da casa para compartir: cabello de anxo, cabaza grande e pequena, xirasol,.. en vasos de iogur estiveron sementando e agora toca esperar.

Moito tardan en saír!


 



jueves, 20 de mayo de 2021

RADIO VOZ CON MERO E O SEU EQUIPO

 Onte pola mañá Radio Voz achegouse ao noso centro para facernos unha entrevista. 

Sabela, Abel e Álvaro, como representantes do alumnado de 6ºA, que tanto traballou na horta este ano, así como a coordinadora do proxecto Belén Vázquez, contaron brevemente como é o seu proxecto, para que serve,...

Pero moito mellor escoitalos a eles.