-->

miércoles, 20 de junio de 2018

AS MEIGAS DE 1º INVESTIGAN SOBRE AS PLANTAS


Os nenos e nenas de 1ºB, xunto co resto dos seus compañeiros/as, como bos bruxos e bruxas estiveron investigando sobre as plantas.
Aquí tedes unha mostra do traballo realizado.


Escoitame

miércoles, 13 de junio de 2018

APRENDEMOS A CREAR CON FLORES

Os nenos e nenas de primeiro xa van preparándose para a feira medieval do cole. Nós somos bruxos e bruxas, xente que sabía moito sobre plantas.
As plantas serven para moitas cousas, unha delas é para adornar.
Así que buscamos na nosa comunidade alguén que nos puidera ensinar, e atopamos a Fina, avoa dunha compañeira do cole, que veu as nosas aulas aprendernos cousiñas e trucos para conservar as flores e que nos aprendeu a facer broches de semprevivas... esperamos facer un bo traballo.


lunes, 4 de junio de 2018

EXPOSICIÓN MEDIEVALES EN VOZ NATURA

Esta fin de semana foi a festa de Voz Natura en Culleredo. Tódolos centros que participamos levamos alí unha mostra do traballo realizado durante este curso.

O equipo de A horta de Mero preparou un stand onde recollimos os diferentes traballos que se elaboraron relacionados coa Idade Media, xa que este era a PDI do centro: maquetas de castelos, hórreos, vivendas, vehículos medievais, tinta medieval, prantas medicinais, vermes de seda, calendario agrícola medieval,...

Aquí vos deixamos unha mostra, e no próximo curso volveremos a estar, xa que o noso centro foi novamente seleccionado para participar no proxecto Voz Natura.