O meu amigo Leo e o seu equipo da Biblioteca xa teñen un rincón preparado cunha selección de libros para disfrutar e aprender a coidar do medio que nos rodea.
Animádevos a pasar pola biblio e mergullarvos neste mar de posibilidades!

Os nenos e nenas de 2ºA estiveron facendo limpeza no invernadoiro e atoparon un comedeiro de paxaros.
O colocaron xa nunha árbore que poden observar dende a fiestra da clase.
Cantos paxariños verán?
Ademais unha das súas compañeiras, Marta, trouxo sementes da casa para compartir: cabello de anxo, cabaza grande e pequena, xirasol,.. en vasos de iogur estiveron sementando e agora toca esperar.
Moito tardan en saír!
Onte pola mañá Radio Voz achegouse ao noso centro para facernos unha entrevista.
Sabela, Abel e Álvaro, como representantes do alumnado de 6ºA, que tanto traballou na horta este ano, así como a coordinadora do proxecto Belén Vázquez, contaron brevemente como é o seu proxecto, para que serve,...
Pero moito mellor escoitalos a eles.