viernes, 14 de junio de 2024
INVESTIGACIÓN MARIÑA
Ao longo do curso, partindo dos intereses da rapazada da clase de Proxecto de
3ºA, realizouse un traballo sobre a "Investigación Mariña". Unha vez que teñen
claro o que queren aprender e despois de buscar en diferentes fontes
bibliográficas: libros, internet... Mostrámosvos todo o que aprenderon!
mariña de PAULA TAIBO
miércoles, 12 de junio de 2024
LimpOcean
A rapazada de 3º de Primaria recibiu a visita de LimpOcean, unha asociación que se encarga da limpeza dos plásticos nas praias. Aprendimos a importancia do coidado do medio e a repercusión que teñen as nosas accións na natureza.
sábado, 1 de junio de 2024
MUNDO BICHOS
Miguel Santamaría voltou ao cole, desta vez, para amosarlles aos nenos e nenas de 2º de Primaria o mundo dos invertebrados. A través dun obradoiro moi especial a rapazada puido ver e tocar miriápodos, crustáceos, arácnidos... Botádelle unha ollada ao vídeo!
viernes, 24 de mayo de 2024
VISITA AOS AXENTES FORESTAIS
A rapazada de 3º de Primaria recibiu a visita dos Axentes Forestais de Betanzos. Primeiro, aprenderon algunhas cousas sobre o traballo destas persoas a través do conto "O home de lume". A continuación, visitaron as súas instalacións, para comprobar que materiais e medios empregan para coidar o bosque. Botádelle unha ollada ao vídeo...
domingo, 21 de abril de 2024
MUSEOS DE FERROL
O alumnado de 3º de E. Primaria visitou os Museos de Ciencias Naturais e de Construción Naval en Ferrol. No Museo de Ciencias Naturais aprenderon moitas cousas sobre os animais do bosque e os animais mariños. No Museo da Construción Naval aprenderon a diferenciar o que é un barco do que non, viron maquetas de distintos barcos e aprenderon a facer nudos mariñeiros.
Botádelle unha ollada ao vídeo!
sábado, 6 de abril de 2024
MUNDOBICHOS
Da man de Miguel de Mundobichos, a rapazada de 3º de Primaria aprendeu "tocando"
sobre os animais invertebrados. Unha experiencia fantástica e un xeito ben
distinto de aprender sobre os bichos!
MUNDOBICHOS de PAULA TAIBO
jueves, 29 de febrero de 2024
Biblioteca creativa: marco de fotos
Neste mes de febreiro nos animamos a facer uns marcos con cartón e papel para as nosas fotos, un debuxo,...
Entre todos/as xa somos uns expertos/as facendo tubiños de papel cos que inventar e crear, só queda botarlle imaxinación e listo.
Aquí unha mostra do noso traballo, e o mellor de todo e que o pasamos xenial.
Marcos de fotos de M Belen Vazquez Freire
domingo, 25 de febrero de 2024
PREVENCIÓN DE INUNDACIÓNS
A través de Augas de Galicia, os rapaces e rapazas de 3º EP, tiveron unha xornada de concienciación sobre a prevención das inundacións.
Añadir un subtítulo de M Belen Vazquez Freire
Aprenderon moitas cousas, entre elas que as árbores e a vexetación da ribeira axuda na prevencións das inundacións, que as inundacións son naturais dentro do ciclo do río,... tamén xogaron e experimentaron.
viernes, 2 de febrero de 2024
miércoles, 10 de enero de 2024
NOVO OBRADOIRO
A biblioteca creativa está de volta cun novo obradoiro.
Desta volta non teremos que apuntarnos, simplemente acudir á aula na semana que nos corresponde de martes a xoves.
Semana do 16 de xaneiro ao 18 de xaneiro : 1º e 2º
Semana do 23 ao 25 de xaneiro: 3º e 4º
Semana do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro: 5º e 6º
RECORDADE QUE A CAPACIDADE MÁXIMA DA AULA É DE 12 PERSOAS.
Aquí vos deixamos tamén a información do resto de obradoiros que haberá ao longo do curso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)