Hoxe comeza o noso concurso "Adiviña que árbores estou aprendendo".
Mero quere que aprendamos moitas cousiñas sobre árbores senlleiras de Galicia. Así que preparou un concurso onde a través de diferentes pistas teredes que dicir o nome da árbore en cuestión.
Tedes no recuncho verde da entrada unha caixa onde podedes depositar un papeliño co voso nome, curso e o nome da árbore coa que pensades que estamos a xogar.
As nenas e nenos de 1ºB levaron o rexistro do tempo atmosférico durante o mes de outubro. Recolleron os datos nunha sinxela gráfica e así nolo contaron.
O Proxecto Documental Integrado, que nos propoñen dende a Biblioteca, baséase en Galicia. Coa festa do Samaín, alumnado e familias colaboraron en adornar distintos espazos do cole coas cabazas disfrazadas coa temática que estamos a traballar.