domingo, 23 de diciembre de 2018
lunes, 10 de diciembre de 2018
FACENDO ADORNOS DE NADAL NA BIBLIOTECA
Durante todo o mes de Nadal
desenvolveranse na biblioteca uns obradoiros de elaboración de adornos
de Nadal feitos con material de refugallo.
Os obradoiros organízanos as mestras Belén e Ana.
Están enmarcados dentro das actividades
de Voz Natura e na idea, de facer da Biblioteca un espazo Maker e centro
da vida do noso cole.
Estamos encantados coa acollida e cos resultados!!
Moitas grazas a todos/as.
lunes, 3 de diciembre de 2018
viernes, 9 de noviembre de 2018
martes, 30 de octubre de 2018
SAMAÍN CO PRINCIPIÑO
Mero tamén está a ler O Principiño, e tanto lle está a gustar, que este ano gustaríalle que as cabazas estiveran adornadas con algo relacionado con el.
E velaquí está o resultado... IMPRESIONANTE.
Moitas grazas a todolos rapaces e rapazas e as súas familias.

lunes, 15 de octubre de 2018
NO OUTONO VENDIMIAMOS
Chegou o outono e a primeria festa que celebramos no cole é a vendimia. As familias aportan as uvas e os nenos e nenas son os encargados de pisalas, estruxalas,...e probar o mosto entre amigos.
lunes, 17 de septiembre de 2018
A NOSA PRIMEIRA COLLEITA
Pois despois do verán os nenos e nenas de 2ºA fumos recoller a nosa primeria colleita. Dentro de pouco tamén teremos uns tomates maduriños, e xa podemos facer unha ensalada.
miércoles, 12 de septiembre de 2018
miércoles, 20 de junio de 2018
AS MEIGAS DE 1º INVESTIGAN SOBRE AS PLANTAS
Os nenos e nenas de 1ºB, xunto co resto dos seus compañeiros/as, como bos bruxos e bruxas estiveron investigando sobre as plantas.
Aquí tedes unha mostra do traballo realizado.
Escoitame
miércoles, 13 de junio de 2018
APRENDEMOS A CREAR CON FLORES
Os nenos e nenas de primeiro xa van preparándose para a feira medieval do cole. Nós somos bruxos e bruxas, xente que sabía moito sobre plantas.
As plantas serven para moitas cousas, unha delas é para adornar.
Así que buscamos na nosa comunidade alguén que nos puidera ensinar, e atopamos a Fina, avoa dunha compañeira do cole, que veu as nosas aulas aprendernos cousiñas e trucos para conservar as flores e que nos aprendeu a facer broches de semprevivas... esperamos facer un bo traballo.

lunes, 4 de junio de 2018
EXPOSICIÓN MEDIEVALES EN VOZ NATURA
Esta fin de semana foi a festa de Voz Natura en Culleredo. Tódolos centros que participamos levamos alí unha mostra do traballo realizado durante este curso.
O equipo de A horta de Mero preparou un stand onde recollimos os diferentes traballos que se elaboraron relacionados coa Idade Media, xa que este era a PDI do centro: maquetas de castelos, hórreos, vivendas, vehículos medievais, tinta medieval, prantas medicinais, vermes de seda, calendario agrícola medieval,...
Aquí vos deixamos unha mostra, e no próximo curso volveremos a estar, xa que o noso centro foi novamente seleccionado para participar no proxecto Voz Natura.

jueves, 31 de mayo de 2018
II INTERCAMBIO DE SEMENTES
Pois xa imos coa segunda edición desta convocatoria, onde Mero lles pide aos nenos e nenas do cole que traian flores e plantas da súa casa para cambialas por outras doutros compañeiros/as.
Este ano había moitísimas flores...moitas grazas a todos/as.

domingo, 6 de mayo de 2018
viernes, 4 de mayo de 2018
CELEBRANDO OS MAIOS
Coa chegada do maio recordamos esta celebración tan ancestral.
As propias organizacións culturais de Betanzos tratan de recuperar esta festa coa axuda dos máis novos facendo pasarrúas, cantando e lanzando flores.
No centro tamén queremos recuperar esta tradición. No centro de Educación Infantil o fixeron da maneira tradicional, cun maio cheo de flores traídas polo seu alumnado.
No centro de primaria quixemos facer unha versión máis ecolóxica, a proposta era que o alumnado trouxera flores feitas con material de refugallo. Os materias empregados foron do máis variado: caixas de ovos, botellas, papeís de xornais, restos de papeis de cores,...
E este é o resultado. Moitas grazas a todos e todas.

martes, 17 de abril de 2018
PLANTAMOS NA HORTA MEDIEVAL
Os nenos e nenas de 1ºA seguimos plantando na nosa horta medieval e aprendendo sobre as plantas coas que estamos traballando.
Como vos bruxos e bruxas aprendemos sobre as plantas e as súas propiedades. Aprendimos sobre o tomiño, que é un antibiótico natural. Podemos tomalo en infusión ou en sopa.
Plantamos na horta cebolas e chalotas, hortalizas que se cultivaban na época medieval.

Tamén aproveitamos para quitar as malas herbas dos demais bancais.

viernes, 13 de abril de 2018
O COMPOSTEIRO
O noso composteiro xa está case listo, moitas grazas a todos e todas por separar nas aulas os restos das merendas e despois levalas ata o composteiro. Agora só nos queda esperar a que a natureza siga o seu curso.
Estaremos pendientes para controlar os niveis de humidade e para voltear de cando en vez o composto.

PLANTAMOS LANDRAS
Os nenos e nenas de 2ºB estivemos plantando landras.
Cando as recollimos puidemos observar perfectamente como ían agromando o talo e as raíces por primeira vez...impresionante. Moito mellor que nas fotos dos libros.

miércoles, 11 de abril de 2018
NOVIDADES SOBRE NATUREZA
Mirade cantas novidades sobre Natureza nos trouxo Mero á Biblioteca. Buscade no expositor de novidades da Biblioteca, son preciosos!
martes, 20 de marzo de 2018
BOTES SOLIDARIOS
O alumando de 6ºA estivo traballando arreo cuns botes... pero mellor que nolo expliquen eles.
Quen se suma a esta proposta? animádevos e mandádeme as fotos dos vosos botes.
Grazas rapaces e rapazas de 6º por esta iniciativa

miércoles, 14 de marzo de 2018
PLANTANDO NA HORTA
viernes, 23 de febrero de 2018
SEMENTANDO PARA A HORTA
Os nenos e nenas de 1ºA estivemos preparándo as prantas para a nosa horta.
Investigamos cales eran as hortalizas que había na época medieval e tamén cales eran as prantas que as bruxas empregaban para as súas pocemas.
Así sementamos perexil, pemento, leituga e acelga. Trouxemos uns vasos de iogur, fixémoslles un buratiño no fondo e agora os temos na clase para velos medrar pouco a pouc. Cando estean un pouco grandes os levaremos para a horta.
Sementando para a horta medieval. on PhotoPeach

miércoles, 21 de febrero de 2018
COMÉNDONOS O ENTROIDO.
Un ano máis e grazas a colaboración das familias puidemos celebrar o entroido comendo filloas.
Sabiades que xa se degustaban antes da idade media? Pois sí, que daquela xa sabían divertirse.
E este ano nós non quixemos faltar a cita. Moitas grazas as familias de 1º, 2º e 3º de Primaria por facelo posible.
E como mostra de agradecemento as pandereteiras do cole cantáronlles unhas cancionciñas que están aprendendo.

martes, 30 de enero de 2018
Rincón verde de lectura
Mero creo xunto co seu amigo Leo un rincón verde de lectura, onde podedes localizar libros para descubrir a natureza e aprender a coidala mellor.
Inauguramos este rincón cunha selección de libros a estrear, as aventuras do raposo Rufo, que nos vaia ensinar a coidar a horta, coñecer os bichiños da horta e aproveitar os seus froitos para facer saborosas receitas.
Mero e Leo esperan que vos gusten estes contiños.

ESTREAMOS UNHA NOVA HORTA
Parece que Mero tamén escribiu a súa carta aos Reis Magos e recibiu un gran agasallo, unha horta nova para todos os nenos e nenas do Vales.
Unha horta cun toque rústico e medieval, xa que este curso o centro está inmerso no PDi MediaVales.
Oito bancais para que unha ou varias clases poidan traballar ao mesmo tempo.
Agora toca investigar sobre as hortalizas desa época e poñerse mans á obra. A verdade é que dan ganas de ir a plantar xa.
Temos que agradecerlle ao concello que fixese chegar esa carta aos Reis para que o seu soño se fixese realidade. Moitas grazas.
Unha horta cun toque rústico e medieval, xa que este curso o centro está inmerso no PDi MediaVales.
Oito bancais para que unha ou varias clases poidan traballar ao mesmo tempo.
Agora toca investigar sobre as hortalizas desa época e poñerse mans á obra. A verdade é que dan ganas de ir a plantar xa.
![]() |
a horta antes |
![]() |
a horta agora |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)