-->

martes, 30 de enero de 2018

ESTREAMOS UNHA NOVA HORTA

Parece que Mero tamén escribiu a súa carta aos Reis Magos e recibiu un gran agasallo, unha horta nova para todos os nenos e nenas do Vales.

Unha horta cun toque rústico e medieval, xa que este curso o centro está inmerso no PDi MediaVales.
Oito bancais para que unha ou varias clases poidan traballar ao mesmo tempo.

Agora toca investigar sobre as hortalizas desa época e poñerse mans á obra. A verdade é que dan ganas de ir a plantar xa.

a horta antes


a horta agora
      Temos que agradecerlle ao concello que fixese chegar esa carta aos Reis para que o seu soño se fixese realidade. Moitas grazas.                                         

No hay comentarios:

Publicar un comentario