Mero creo xunto co seu amigo Leo un rincón verde de lectura, onde podedes localizar libros para descubrir a natureza e aprender a coidala mellor.
Inauguramos este rincón cunha selección de libros a estrear, as aventuras do raposo Rufo, que nos vaia ensinar a coidar a horta, coñecer os bichiños da horta e aproveitar os seus froitos para facer saborosas receitas.
Mero e Leo esperan que vos gusten estes contiños.
martes, 30 de enero de 2018
ESTREAMOS UNHA NOVA HORTA
Parece que Mero tamén escribiu a súa carta aos Reis Magos e recibiu un gran agasallo, unha horta nova para todos os nenos e nenas do Vales.
Unha horta cun toque rústico e medieval, xa que este curso o centro está inmerso no PDi MediaVales.
Oito bancais para que unha ou varias clases poidan traballar ao mesmo tempo.
Agora toca investigar sobre as hortalizas desa época e poñerse mans á obra. A verdade é que dan ganas de ir a plantar xa.
Temos que agradecerlle ao concello que fixese chegar esa carta aos Reis para que o seu soño se fixese realidade. Moitas grazas.
Unha horta cun toque rústico e medieval, xa que este curso o centro está inmerso no PDi MediaVales.
Oito bancais para que unha ou varias clases poidan traballar ao mesmo tempo.
Agora toca investigar sobre as hortalizas desa época e poñerse mans á obra. A verdade é que dan ganas de ir a plantar xa.
![]() |
a horta antes |
![]() |
a horta agora |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)